Aquela noite Jimmy decidiu ir ata o seu club de baile favorito,o Club Azúcar, o club de baile mais movido da cidade. Nada mais sair da casa empezou a chover sen parar. Entón Jimmy decidiu levar o seu paraugas vermello con cheiro a sardiñas (a verdade, para que cona quere un paraugas con cheiro a sardiñas asadas?; bueno, e Jimmy...). Mentres ia camiñando, encontrou un gatiño xunto aun cubo do lixo. O bo de Jimmy decidiu deixarlle o paraugas para que non pasase frio.
Cando estaba a piques de chegar, apareceu o gatiño ao que axudara; sen darse conta empezaron a chegar mais gatiños, e Jimmy decidiu deixalos aun lado, pero entón os gatiños o empezaron a seguir; entón Jimmy tivo unha idea empezou a baliar, e os gatos tamen o empezaron a facer!!
E... todos para o club!.O dono volveuse un pouco tolo con tanto gato, pero... menudas piruetas e marcha que levaban!
Ao rematar a noite os gatiños agradecidos polo baile despedironse del, bueno, todos menos ao que axudara.
O pequeno devolveulle o paraugas, e cun sonrio despediuse del.