Relato sobre as desventuras de Don Paolo.
Aquela maña Paul despertouse de mala maneira, xa que onte a noitiña estivo pensando nunha nova máquina, e non se lle ocorreran ideas. Levantouse ( co pé esquerdo) é foi cara a cociña para preparar un café.Do mal carácter que tiña deulle unha patada ao moble da entrada, facendo que o retrato do seu bisavó caera ao chan.
O seu bisavó foi un famoso mariñeiro que servira a coroa inglesa e que tiña por costume enterrar o diñeiro, xa que non confiaba nos bancos.Ao parecer toda esa fortuna enterrouna toda xunta nalgún lugar de Londres. Pero intentar encontrala era como buscar unha agulla nun palleiro.Durante moito tempo Paul andivo a buscala, sen resultado algún.Pero...¿porqué non volver a sua busca?.Fai pouco Paul leu unha noticia no periódico que trataba sobre o descubrimento dun mapa do tesouro, dun famoso mariñeiro da coroa inglesa...ao parecer o que levaba a investigación a cavo era o exmentor de Paul, o doctor Andrew Schrader.
Nada mais beber o café,vestiuse e foi directo a resindencia do doctor.Chamou a porta.Nada mais abrila pegoulle cun garrote en toda a cabeza ao doctor Schrader. Caeu ao chan incosciente. Agora si que armou. Todo preocupado pola vida do doctor,Paul o tumbou na cama, para que cando se despertara todo parecese un mal soño.
Empezou a rebuscar o mapa ata atópalo entre a maraña de papeis, cando depronto entrou o inspector Chelmey.Ao parecer eun bó amigo de Schrader.Nada mais velo,foi detrás Paul. Por sorte conseguiu atrancar a porta e fuxir pola ventá.
Ao chegar ao taller colleu o mapa e empezou a inspeccionalo de cabo a rabo,é ao parecer estaba fragmentado en outros dous anacos, que se poden encontrar ao final de cada ruta.O primer anaco situábase na antiga biblioteca. Asi que máquina voadora en man decidiu atravesar o Támeses voando.Pero na metade do camiño, un páxaro estrellouse contra o motor, facendo que o piloto perdese o control da nave, caendo en picado contra o Támeses...
Unha vez secada a roupa e maldicido ao páxaro, Paul decidiu utilizar outro dos seus inventos: a máquina anfibia Nº1.Sen duda un dos seus maiores logros.Pouco despois de instalala as orillas do Támeses, empezou a deslizarse pola superfie, volcando unha parella de namorados nunha barca debido a velocidade da máquina.
E ese foi o erro que cometeu:a velocidade. Ia tan deprisa que non lle deu tempo a frear e acabou estampandose contra a orilla, producindo unha gran onda, que chegou a salpicar parte da zona portuaria.
O pobre, xa acostumbrado a os choques non lle quedou outra que seguir a nado o resto do camiño.
Cando chegou a blioteca (empapado e cun bo resfriado) encontrou un gato na porta. Tiña un soriso despiadado, e parecia bufarse del. Paul pasou do gato porque estaba canso e ademais non tiña ganas de festa.
Ao pasar para dentro encontrou a bibliotecaria no mostrador. Nada mais velo saiu correndo pola porta.A onde iria?;Paul non tiña tempo para estas preguntas e decidiu empezar a buscar a outra metade do mapa.
Foi facil atópala; atopabase nunha vitrina exposta ao público.Pero derrepente, pola porta principal apareceu o inspector Chelmey ea metade de Scotland Yard. Xa estaba Paul bastante mal para que agora aparecesen os pelmazos de Scotland; agora xa sabe porque fuxiu a bibliotecaria: para avisar a policia.
Rapidamente Paul colleu o anaco de mapa que faltaba e saiu fuxindo pola fiestra. Mira que llegustan as fiestras.Como non tiña ningunha máquina para escapar, non lle quedou outra que fuxir correndo.Entre a lista de cousas que mais odia (despois dun famoso profesor de chistera) esta a de camiñar.Digamos que e mais ben cómodo.
Pouco despois do inccidente, decidiu volver ao taller para arreglar a máquina voadora e asi non ter que volver a facer "deporte de risco".Unha vez arranxada a máquina, Paul decidiu ir ata o siguiente lugar:o antigo museo.
Nada mais chegar aterrizou detrás do edificio para esconder a máquina, e non se foi sen antes revisar se había algún páxaro cerca do aparato. Ao entrar encontrouse o museo totalmente baleiro, só cun garda de seguridade durmido nun dos mostradores. Aproveitando esta oportunidade de ouro, Paul decidiu empezar a buscala polo apartado de vellas reliquias.Só con buscar un pouco xa a atoupou o anaco de mapa que faltaba.Ao examinalo un pouco mais de cerca, decatouse de que o tesouro encontrabase xusto...¡DEBAIXO DE SCOTLAND YARD!.E...¿agora como ia facer para recuperalo?.
De volta ao taller consguiu resolver esta duda...dende fai un tempo tiña unha máquina mestra gardada na chatarraria de Darrel, por se algún dia a necesitaba.Agora so tiña que crear un señuelo...pero cal?.
A maña seguinte disfrazou a Darell de Don Paolo eo fixo montar na súa máquina voadora.Tiña que levar ao inspector Chelmey e compañia ata un lugar afastado de Scotland Yard. Asi que máquinas en man, Darrel e Don Paolo marcharon cada un por distintas direccións.
Ao chegar ca súa maquina a Scotland Yard, Don Paolo empezou o seu plan. Pouco a pouco aquela máquina arrasou todo a edificación, e alguns dos policias que quedaran fuxian como mexericas.
Despois de desenterrar os escombros encontrou un gran cofre.Os ollos lle empezaron a brilar como estrelas.Rapidamente abriuno,e,para a súa sorpresa, non encontrou nin ouro nin xoias, todo o contrario:especias e teas preciosas.Ainda que preciosas non era a palabra adecuada;en realidade,debido aos anos eas polillas,aquelas teas e especias eran agora restos de pó do que foi un gran botín...
A decepción que levou Paul, foi inmensa,tanto,que cada vez que escoita falar das palabras "tesouro","mapa" e "bisavó",danlle ataques de ira...
O unico que sacou de proveito en toda esta historia,e que volveu derruir Scotland Yard.