lunes, 7 de mayo de 2012

O DIARIO DE CHUCK NORRIS

Luns 19 de Marzo


     Hoxe levanteime as 10:01 habéndome acostado as 10:00. Ao saír de casa,(despois de tomar un almorzo baseado en ferro) ao pechar a porta rompina e chamei os técnicos e arraxaronmola de balde non sei porque.

     Cando fun traballar, tiven que grabar parte de "Texas Ranger" e varias veces un anuncio dun xogo de guerra no que digo unha frase que non comprendo. Cando volvín a miña casa probei o xogo e egancheime, mo pasei. 

      Logo, convidei uns amigos a casa e montamos unha festa ata moi altas horas da noite.


Martes 20 de Marzo


     Hoxe levanteime a hora de sempre (10:01) e habendome acostado as 10:00. Almorzei as 10:02 cun almorzo moi nutritivo a base de ferro (vigas) e un pouquiño de leite (a vaca enteira).

  Cando saín (como todos os días rompín a porta) e estaban os técnicos de sempre esperando para arranxala  (de balde, claro está). Ao entrares no coche (rompendo a porta) e os técnicos de sempre e arranxáronmola (coma sempre de balde non sei porque). Ao chegar ao traballo seguín grabando Walker "Texas Ranger".


    Ao chegar a casa montei unha "pequena" festa de tan só 4000 convidados. Rematamos as 10:00 da mañá do día seguinte.




Mércores 21 de Marzo


   Hoxe levanteime a mesma hora de sempre (as 10:01, excepto as fins de semana)e decidín ir voando pola porta (co mesmo almorzo de onte no estómago) e deixei que os técnicos ma arranxaran. 


     Fun ata o porto e metinme na auga e nadei cara mar adentro. 
Xa nas profundidades encontreime co cádaver dun pobre tiburón que revivín coa miña barba só  para matalo dunha patada xiratoria e recordar que "o qué dou o quito". 

 Cando saín da auga, 

fun a traballar e grabei parte da serie Texas Ranger. Por primeira vez na miña vida acosteime as 10:00 1"da maña do día seguinte.


Xoves 22 de Marzo


    Hoxe esperteime as 10:01 1", isto non podía ocorrer así que decidín mirar cara o reloxo e  atrasouse 1 hora do medo que tiña. Así que tan ledo coma un soldado recén acendido a xeneral dinlle un bocado a viga central da casa e caíronme todos os escombros enriba da testa, pero eles saíron peor parados. Deixei aos técnicos a reparar a casa.
   Como tiña pouca enerxía fun a Plutón nadando. Ao aterrar destruín un pouciño a pobre planeta.


   Ao volver cara a Terra ( con máis cuidadiño iso sí) 
fun a casa a ver se remataran os obreiros de reparala e xa habían rematado e fun a cama as 10:00 da maña do día seguinte.


Venres 23 de Marzo


    Hoxe xa na hora de almorzar ( despois de lenvantarme a hora de sempre) almorzei aceite con tornelos de aceiro apareceron os técnicos de sempre preguntando se xa rompera algo e dixenlles que ialles romper a cara por listiños e foronse correndo, pero tiveron que volver porque rompín a porta.

   Fun a traballar, pero o estudo estaba pechado entón non fixen nada da miña serie e volvín a casa con moito tempo por diante así que fun a tenda de videoxogos e comprei o MW3. Ao volver a casa empecei a xogar e paseime a historia e empecei a xogar ao multixogador. Acosteime as 00:00 1" (fin de semana).


Sábado 24 de Marzo

   Hoxe levanteime as 18:00 ( fin de semana ) e almorzei o de sempre, pero ( coma é fin de semana foi outro ) torradas con gasoil e cunha taza de mercurio. 

   Neste día apeteciame facer unha piscina e comenzei a cavar. En 2 minutos xa había cavado 2 metros e decidín parar e cavar cara os lados. Nos 3 minutos restantes cavei cara a dereita e creo que paseime (19m) e cavei cara a esquerda 2 metros. Os veciños dicían: "Menudo piscinón". 

   Xa pola noite xoguei ata as 5:00 co MW3 e acosteime.


Domingo 25 de Marzo

   Hoxe levanteime as 12:00 para ir a miña misa na que todos me adorades: Arrodillaos ante min¡ Non só foi unha broma. Levanteime porque me apetecera. Decidín ir a dar un paseo polo parque. No parque un perro meoume enriba e eu enfadeime e lle din un puñetazo coa barba e seguín o meu camño, pero a xente chamou a control de animales e ata as 22:00 non me deixaron en paz. Ao chegar a casa fun a cama para durmir. 


E EIQUÍ REMATA A MIÑA SEMANA BOA SORTE COA VOSA



1 comentario: